Ola! Hoxe quero mostrarvos que é, e cales son os beneficios do traballo cooperativo nas aulas ordinarias para o alumnado TEA.
Os autores Basilotta e Herrada (2013), afirman que a aprendizaxe
cooperativa está caracterizada pola axuda que se prestan os membros dun mesmo
grupo á hora de traballar, de maneira que se fomenta a motivación polo beneficio
mutuo, se comparten recursos e se intercambian datos. Para estes autores, a
aprendizaxe cooperativa fomenta a inclusión do alumnado TEA, atendendo así
á diversidade nas aulas ordinarias.
García-Cuevas e Hernández (2016) tamén consideran este tipo de aprendizaxe moi beneficioso para os rapaces TEA, e aseguran que o traballo cooperativo permite que nas aulas coexistan prácticas inclusivas, ao mesmo tempo que propicia beneficios persoais. No seu artigo, as autoras falan dun estudo levado a cabo no colexio público CEIP Arias Montano (Badaxoz). O profesorado da escola asegura que gracias ao apoio por parte de expertos, familias e amigos, o alumnado con Trastorno do Espectro Autista tomou un papel máis activo á hora de ter que tomar decisións, desenvolvendo as súas facultades, habilidades,... todo gracias á interacción entre iguais que supón a aprendizaxe cooperativa, mellorando tamén así a súa capacidade comunicativa, que é a súa principal dificultade.
Se queredes que os vosos alumnos traballen de forma cooperativa na clase de música e non sabedes moi ben como comezar a facelo, a continuación vos mostro unha serie de actividades moi sinxelas que podedes tomar como referencia.

ACTIVIDADE 1: O alumnado está disperso pola aula de música bailando
cada un ao seu ritmo ao son dunha canción previamente elixida polo mestre. Cando a música para, o profesor deberá dicir un número, e
os rapaces deberán xuntarse en grupos formados por ese mesmo número e
abrazarse. Este proceso se pode repitir o número de veces que o profesor vexa convinte.
ACTIVIDADE 2: O profesor lle asignará a cada neno ou grupo de nenos un instrumento distinto, como o pandeiro, o xilófono, as maracas,... e entre todos levarán a cabo unha interpretación dunha peza musical adecuada á súa idade e coñecementos.
Se che gustou e queres buscar máis información, podes consultar o seguinte enlace.
A bibliografía que utilicei é a seguinte:

- Basilotta, V. e Herrada, G. (2013). Aprendizaje a través de proyectos colaborativos con TIC. Análisis de dos experiencias en el contexto educativo. Revista Electrónica de Tecnología Educativa (EDUTEC), 44, 1-13. Recuperado o 19 de maio, de http://www.edutec.es/revista/index.php/edutec-e/article/view/324/62
- García-Cuevas, A. M. e Hernández, E. (2016). El aprendizaje cooperativo como estrategia para la inclusión del alumnado con tea/as en el aula ordinaria. Revista nacional e internacional de educación inclusiva. 9(2), 18-34. Recuperado o 15 de maio, de http://www.revistaeducacioninclusiva.es/index.php/REI/article/view/289/270
No hay comentarios:
Publicar un comentario