Ola!
Como ben sabedes, unha das características das persoas TEA é que presentan grandes dificultades nas súas habilidades comunicatias e sociais. Por esta razón, hoxe vos traio unha serie de actividades e metodoloxías que teñen a función de mellorar tales habilidades.
Existen moitas
actividades para mellorar as habilidades comunicativas do alumnado TEA. Un
exemplo moi claro é un xogo chamado Que instrumento son?, no que cada neno ten
unha serie de tarxetas que representan os distintos instrumentos musicais. O
profesor pon unha gravación dun instrumento que se atope entre esas tarxetas e
o alumno deberá que elixir a tarxeta adecuada e representar como se toca o
instrumento con mímica. Porén, quizás unha das ferramentas máis utilizadas e
eficientes para mellorar as habilidades comunicativas é a canción. A voz é un
instrumento innato, e a actividade vocal produce un sentimento de pertenza a un
conxunto. Unha forma de traballar a voz é o método Kodàly, que aporta
diferentes recursos didácticos acordes con todas as idades e con todos os
niveis musicais dos estudantes.
Outro tipo de actividade que fomenta a expresión comunicativa
consiste na improvisación con instrumentos musicais, destacando o método Orff,
que estimula o progreso musical dos rapaces. Unha actividade moi interesante
que fomenta a improvisación e a creatividade consiste en entregarlle a cada
neno un instrumento (triángulo, claves,...), e con eles deben acompañar
libremente unha canción que elixa o docente. Ao rematar a canción, o alumnado
pode intercambiar os instrumentos.
Se che gustou o artigo, tamén te pode interesal os seguintes:
- Propuesta didáctica para la integración del autismo en la clase de música
- La inclusión en el aula de los alumnos con necesidades educativas especiales a través de la asignatura de música
No hay comentarios:
Publicar un comentario